PUBLICADO POLO CONCELLO DE PONTEAREAS
O 3 de abril a Biblioteca celebra o Día internacional do libro infantil e xuvenil
Co gallo da celebración no mes de abril do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, a escritora de literatura infantil, Amalia Pérez Otero, fará unha viaxe polo universo da imaxinación, a través dunha actividade de contacontos da súa propia autoría que levaráse a cabo o día 3 de abril ás 18 horas na Biblioteca Municipal e irá dirixido a nenos e nenas, de idades comprendidas entre os 5 e 10 anos. Esta actividade, está programada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas e a Biblioteca Pública Municipal e encádrase dentro do programa de animación á lectura da Consellería de Cultura e Deportes, dentro do programa Letras Vivas.
Link: VIGO METROPOLITANO
A EXPERIENCIA:
O venres 3 de abril fixemos a sesión de contacontos a través de Letras Vivas na BIBLIOTECA MUNICIPAL DE PONTEAREAS para o que veu Alba a axudarme: Foi a nosa cociñeira e secretaria, actuando coma unha profesional.
O caso é que no noso LECTAURANTE atopámonos con unha chea de rapaces... nada máis que... 71 nenos e nenas de pequerrechos a grandes.
Podédelo crer?? 71, nin máis nin menos.
A convocatoria foi firme aínda que Consejo (a organizadora do Concello) tiña a súas dúbidas.
Pois dentro de seren tantos nenos, parece que lles gustou.
A nós tamén.
GRAZAS CONSEJO, GRAZAS RAPACES DE PONTEAREAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario