contando contando

contando contando
Mostrando entradas con la etiqueta Coleción ESTE É O NOSO MUNDO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Coleción ESTE É O NOSO MUNDO. Mostrar todas las entradas

miércoles, 11 de enero de 2012

martes, 10 de enero de 2012

REPORTAXE NA TVG: A revista FDS (dom 8 xaneiro 2012)

Co gallo  da presentación da colección de libros ESTE É O NOSO MUNDO a tele galega veunos gravar para o programa A REVISTA FDS.

Esta é a reportaxe (minuto 2,40) que quedou moi linda, indo aos temas concretos da colección e cunha composición que me gusta moito. Salvando o cambio de nome ;)

Aquí a tendes:

sábado, 12 de noviembre de 2011

Col. ESTE ES NUESTRO MUNDO /ESTE É O NOSO MUNDO

A colección "ESTE É O NOSO MUNDO", ten por obxecto achegar unha serie de orientacións teórico-prácticas sobre diferentes temáticas relacionadas co desenvolvemento integral do
alumnado de 3-8 anos para favorecer o proceso de ensinoaprendizaxe axudando ao profesorado a través dunha intervención de carácter preventivo (anticipándose a posibles dificultades), indirecta (a nivel grupal) e ordinaria (dentro do currículo e a clase.

Cada volume consta de tres partes:


MANUAL PARA O PROFESORADO

Achega a información máis importante que debe saber o docente e explica como actuar preventivamente no seu grupo-clase. Para iso, ademais da teoría, centrarase en actividades a nivel grupal para desenvolver na aula.

CADERNO DO ALUMNO/A
Centrado en tarefas concretas que se poden desenvolver no propio libro. Xiran arredor dun eixe condutor (O club dos Investigadores) de carácter lúdico e dinámico, a través do cal o alumnado a partir de centros de interese propios das etapas de 3-8 anos, irá desenvolvendo o seu proceso de ensino-aprendizaxe por descubrimento.

DVD
Programa interactivo para desenvolver no encerado dixital ou de xeito individual nos ordenadores.