contando contando

contando contando
Mostrando entradas con la etiqueta Michel Casado (ilustrador). GALEGO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Michel Casado (ilustrador). GALEGO. Mostrar todas las entradas

sábado, 12 de noviembre de 2011

Col. ESTE ES NUESTRO MUNDO /ESTE É O NOSO MUNDO

A colección "ESTE É O NOSO MUNDO", ten por obxecto achegar unha serie de orientacións teórico-prácticas sobre diferentes temáticas relacionadas co desenvolvemento integral do
alumnado de 3-8 anos para favorecer o proceso de ensinoaprendizaxe axudando ao profesorado a través dunha intervención de carácter preventivo (anticipándose a posibles dificultades), indirecta (a nivel grupal) e ordinaria (dentro do currículo e a clase.

Cada volume consta de tres partes:


MANUAL PARA O PROFESORADO

Achega a información máis importante que debe saber o docente e explica como actuar preventivamente no seu grupo-clase. Para iso, ademais da teoría, centrarase en actividades a nivel grupal para desenvolver na aula.

CADERNO DO ALUMNO/A
Centrado en tarefas concretas que se poden desenvolver no propio libro. Xiran arredor dun eixe condutor (O club dos Investigadores) de carácter lúdico e dinámico, a través do cal o alumnado a partir de centros de interese propios das etapas de 3-8 anos, irá desenvolvendo o seu proceso de ensino-aprendizaxe por descubrimento.

DVD
Programa interactivo para desenvolver no encerado dixital ou de xeito individual nos ordenadores.